|
Mundoclown
|
|
Mundoclown é a denominación dun festival de clown e teatro de rúa que Coper@ctiva Cultural – Cultur@ctiva, scg, a partir da experiencia na organización do Festival Internacional de Clown de Galicia, propón como un amplo programa de actuacións e formación centrado no humor e a comicidade.
Mundoclown busca manter a calidade e o espíritu do Festiclown, cunha programación que acolle algún dos seus apartados, como a sección formativa, Formaclown, así como as actuacións de prestixiosas compañías de clown e teatro cómico ou o Maraclown, que encherán os teatros e as rúas da festa do circo e a maxia do clown.
Ata o momento, o equipo creador e organizador do Festiclown puxo en marcha o festival Mundoclown en tres ocasións, Mundoclown 2003 (Pontevedra), Mundiclown 2005 (Segovia) obtendo en ambas as dúas programacións un enorme éxito, tanto pola calidade da proposta artística e formativa, como polo apoio mediático e a afluencia masiva de público.
Ademais destas dúas edicións, o Mundoclown volveu levar sorrisos e calidade artística, desta volta ás rúas de Vigo coa celebración do Mundoclown 2008 Memorial Carlo Colombaioni. O inicio do mes de agosto estivo entón marcado pola sucesión de pases de Maraclown nas rúas e os mellores cursos formativos da man de Philippe Gaulier, Jango Edwards ou Blanca del Barrio, entre outros mestres de renome internacional.
» Mira as fotos de Mundoclown 2003 (Pontevedra)
|
|
Sindicación de contidos
|