![]() |
|||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
|
![]() |
![]()
García, Soledad (Curso Musicoterapia) Gónzalez Gómez, María (Curso Musicoterapia)
Centro de Información á Muller- CIM. (Mercado do Gando) Curso de Arteterapia: Centro de Información á Muller- CIM. (Mercado do Gando) Curso de Musicoterapia: Local do Clube de Xubilados/as (baixos Radio Arzúa). R/ Padre Pardo, 33 Curso de Dinamizadores/as Medioambientais: Recinto Feiral de Arzúa- Aula B. R/ Padre Pardo s/n Curso de Consciencia Prenatal no Adulto: Capela da Madanela. R/ Cima do Lugar Curso de Permacultura: Cámara Agraria de Arzúa. 1º Andar. R/ Padre Pardo A recepción dos cursos realizarase no stand da organización (sito no Recinto Feiral de Arzúa), media hora antes do inicio do curso.
* CURSO DE RISOTERAPIA * CURSO DE MUSICOTERAPIA * CURSO DE ARTETERAPIA * CURSO DE CONSCIENCIA PRENATAL EN EL ADULTO * CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS * CURSO DE PERMACULTURA INSCRICIÓN E PAGO DOS CURSOS FORMATERRA * OBRADOIROS FORMATERRA OBRADOIRO DE BIOACÚSTICA OBRADOIRO DE AROMATERAPIA EXHIBICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS VASCOS, CONCERTO DIDÁCTICO OBRADOIRO DE XABRÓN NATURAL OBRADOIRO DE XOGUETES MUSICAIS PARA NENOS/AS OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS PARA ADULTOS OBRADOIRO DE TXALAPARTA OBRADOIRO DE AROMATERAPIA OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN Á PERCUSIÓN CURSO DE RISOTERAPIA E ESTRÉS DURACIÓN: 12 horas. IMPORTE: 50 euros. HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. IMPARTE: Ángel Sánchez (Colaborador da ESCOLA DE SALUT INTELIGENTE de Barcelona) / CV + Info: www.republicaclown.org/web/risactiva.htm O Curso de Risoterapia abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma saudable para superar os problemas. Este curso propón a realización de diferentes actividades arredor da persoa, centrado en valores, na autoestima, en técnicas autocentradas para unha saúde integral, a liberación da persoa e o compromiso Social. A través da combinación de xogos e dinámicas grupais participativas, que incentivarán a expresión creativa , abordaranse cuestións como que é e para que sirve a risoterapia, os xeitos de rir, tipos de risa, técnicas respiratorias e desestresantes... sempre a partir do que cada participante poida dar e realizar nun contexto lúdico e relaxado. CURSO DE MUSICOTERAPIA DURACIÓN: 12 horas IMPORTE: 50 euros HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. IMPARTE: Ana Gámez (Directora do centro TIERRA INDIA de Tenerife) / CV + Info: www.tierraindia.com Tanto para personas xa iniciadas en este gran mundo que é o da música, como para persoas que non tiveran contacto con ela, traballarase o superar os nosos medos, vergoñas, complexos... empregando a música con todas as súas formas de expresión dende agua, pedras, sementess troncos de árbores....... ata instrumentos como tambores, sonajas, frautas, vibráfonos...como principais ferramentas. A través da percusión, do canto e das danzas de diferentes pobos indíxenas da terra tratarase de espertar a nosa alma para que así o noso espírito creativo floreza. Neste curso recordarase ás persoas participantes como camiñar en equilibrio pola nai terra, agradecendo toda a beleza e perfección no que nos rodea coa música como grande ponte para acadar a outra beira . E logo desde o centro do río que é a vida navegar alí onde nos leven os latidos percusivos do noso corazón. CURSO DE ARTETERAPIA DURACIÓN: 12 horas. IMPORTE: 50 euros. HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. IMPARTE: Joan Sagrera (Presidente da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ARTETERAPIA) / CV En Arteterapia, o proceso de creación artístico e os obxectos resultantes actúan como intermediarios na relación terapéutica, permitindo que determinados sentimentos ou emocións conflictivas atopen vías de expresión complementarias ou alternativas á palabra. A Arteterapia caracterízase polo uso de medios e procesos artísticos para axudar a conter e resolver os conflictos emocionais ou psicolóxicos das persoas. Este cursos, pretende construir e profundizar no coñecemento da arteterapia, especialmente na súa dimensión preventiva en aplicación ao contexto educativo, así como o desenvolvemento de competencias para realizar intervencións arteterapéuticas no contexto escolar. Obxectivos: - Comprender e experimentar as aportacións que a arteterapia, como disciplina, aporta ao desenrolo da personalidade -Desenrolar a intelixencia emocional - Desenrolar o aspecto lúdico - Aprender técnicas para evidenciar o inconsciente - Desenrolo da atención, memoria, creatividade e aceptación da realidade como positividade Marco teórico: - Psicoloxía evolutiva - Arteterapia - Linguaxe non verbal Metodoloxía: - Experimental - Evolutiva CURSO DE CONSCIENCIA PRENATAL NO ADULTO, ESE ESPAZO E ESE TEMPO QUE NON LEMBRAMOS DURACIÓN: 12 horas. IMPORTE: 50 euros. HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. IMPARTE: Xabela Vargas (Directora de BENGALA, ESCOLA DE CRECEMENTO PERSOAL) / CV + Info: www.metodobengala.com As cousas só cambiarán cando saibamos que as emocións, o medo, a ira, a dor e o amor, son a auténtica guía da nosa saúde e da nosa conexión cos demais e co universo. Só amaremos despois de comprender. O corpo está para experimentar este proceso. Doutro modo, o noso creador, sexa quen sexa, nos tería formado puros. O proceso é unha elaboración, unha expansión do amor, unha extensión do espírito. O desafío deste curso é comprender cómo operan estas forzas nas células e nas moléculas do ser desde o primeiro momento da nosa concepción. A tavés dun método vivencial e das técnicas do ioga, fundamentalmente da respiración, busca a conexión co neno que eramos no feto. As persoas participantes neste curso deberán levar roupa cómoda, un coxín e unha manta; un cuenco mediano para enchelo de auga.; libreta para tomar apuntes ou grabadora e moitas ganas de crecer. CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS DURACIÓN: 16 horas. IMPORTE: 50 euros. HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. IMPARTE: Verónica Campos (Educadora Medioambiental) / CV + Info: www.culturactiva.org O curso oriéntase á formación de axentes medioambientais que poidan dende a realidade xerar novas dinámicas de organización xuvenil e artística, ademais de crear unha base de educadores medioambientais que adquiran pautas para traballar de xeito dinámico no respecto e recuperación do ecosistema, dende o compromiso social, educativo etc. No curso abordaranse as principais problemáticas ambientais globais e galegas, os procesos de solucións, que é eso do Desenvolvemento sustentable e a Globalización e Medio Ambiente. Como metodoloxía de funcionamento, aplicaranse técnicas de resolución colectiva dos problemas, dinámicas de enxeñería autocentrada e modelos de análise activa da realidade mediambiental e social. CURSO DE PERMACULTURA DURACIÓN: 14 horas. IMPORTE: 50 euros. HORARIOS: sábado 23 de setembro de 13:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:30 h e domingo 24 de 10:00 a 14: 30 h e de 16:30 a 20:30 h. IMPARTE: Antonio Palma (Coordinador do grupo de Permacultura en Galicia e colaborador da Academia de Permacultura Nodo Espiral España) + Info: http://groups.yahoo.com/group/permaculturagaliza/ O curso aportará ás persoas participantes formación teórica básica en Permacultura, orientada á concienciación e sensibilización de persoas con interese e inquietude por formar parte dun verdadeiro cambio a escala planetaria. Ofrecerase información relevante para establecer as bases formativas, nunha futura capacitación como activistas en ecoloxía, medio ambiente, comunidade, acción social etc. para loitaren por chegar a construíren unha Cultura Permanente e deseñar asentamentos humanos sostibles. Contidos básicos: Información básica dos conceptos esenciais da Permacultura, as súas bases filosóficas, teóricas e prácticas. A realidade a actualidade do movemento permacultural a nivel global e rexional. A realidade e actualidade do problema do pico do consumo de petróleo, como xustificación da necesidade de cambio no noso modelo de civilización. A xustificación da necesidade dunha cultura permanente. Desenvolvemento ou cultura, a Axenda 21 como ferramenta de aplicación de criterios de sostibilidade. Os pobos orixinarios como exemplo de respecto por o Planeta. Cando?, como? e por que? xurde a Permacultura. Filosofía permacultural, Ciencia + Arte - Diseño + Mística. Principios de Permacultura: Ética, actitude, ecoloxía, deseño, consciencia. Aplicación de principios: Zonas, sectores, gremios... O proceso de Deseño en Permacultura. Permacultura práctica: ESTRATEXIAS E MÉTODOS, CULTIVOS, INTEGRACIÓN DE ANIMAIS, BIOCONSTRUCCION. Exemplos de Proxectos en marcha. COMUNIDADE, ECONOMÍA SOSTÍBEL, BIO-REXIONALISMO. O movemento permacultural: A Academia de Permacultura, o Certificado de Deseño, o Diploma. INSCRICIÓN E PAGO DOS CURSOS FORMATERRA Para facer a inscrición nos cursos do Festival Terractiva, seguir con atención os pasos indicados neste apartado. A inscrición para os cursos realizarase exclusivamente a través do número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso ao número 981 575 699. Cada curso terá un máximo de 20 prazas. A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario. A organización do Festival Terractiva, poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias. O prazo de inscrición remata o mércores 20 de setembro de 2006. As persoas que desexen facer unha inscrición despois desta data deberán poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836 1.- Ingresar o importe total do curso no que se desexa participar no número de conta de Caixanova 2080. 0540. 45. 0040001988 ata o 20 de setembro de 2006, indicando o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante do mesmo. 2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante. 3.- Pórse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos. No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado. OBRADOIROS FORMATERRA A inscrición nos obradoiros é GRATUITA**. Esta realizarase no stand da organización durante o festival ata encher aforo por estricta orde de apuntamento. ** As persoas participantes no Obradoiro de Bioacústica, abonarán 15 € polo material auditivo resultado da actividade que cada participante levará consigo ao remate do obradoiro. ** As persoas participantes no Obradoiro de Vermicompostaxe, aboarán 10 € polo material necesario para a realización do mesmo. OBRADOIRO DE BIOACÚSTICA Imparte: A Oitava Illa Prazas: 6 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 11:00 a 14:00 // Sábado 23 de setembro de 17:30 a 20:30 h Duración: 3 h. Descrición: Grabar e observar a mensaxe sonora da natureza. Realización de grabaciones de campo nun contorno natural próximo a Arzúa para posteriormente editar o material grabado e realizar pequenas montaxes sonoras creativas. Así, persigue concienciar de que o son é un reflexo da vida, e de como a actuación humana perturba as contornas sonoras naturais e a supervivencia das especies. OBRADOIRO DE AROMATERAPIA Imparte: La Casa de la Salud Prazas: 20 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 12:00 a 13:00 h // Domingo 24 de setembro de 12:00 a 13:00 Duración: 1 h. Descrición: O aroma da terra mollada, da escola na que estudiábamos de pequenos, do forno de pan de leña, das rosas do teu xardín... son recordos impregnados na nosa memoria e indebles ao paso do tempo. As esencias naturais son unha das poucas cousas que como a lama teñen vida eterna e deixan un instante de felicidade sempre que veñen ao noso recordo. EXHIBICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS VASCOS, CONCERTO DIDÁCTICO Imparte: Fita Fik Prazas: sen límite Data e hora: sábado 23 de setembro de 12:00 a 13:00 h Descrición: O obxectivo é dar a coñecer os instrumentos máis característicos de Euskal Herria. Mostraranse o corno, txalaparta (con tobera), txistu e tamboril (más silbote), txirula, gaita e familia (dulzaina vizcaína, gaita navarra e txanbela de Zuberoa), alboka, trikitixa e pandeiro. Os instrumentos vanse amosando un a uno, explicando as súas características, historia, papel que representaron e representan na cultura vasca, maneira de tocar, etc. e con cada instrumento tócanse un par de pezas. A exhibición finaliza coa execución en conxunto dun par de cancións. OBRADOIRO DE XABRÓN Imparte: A Cova dos Ratos Prazas: 15 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 12:30 a 14:00 h Duración: 1:30 h. Descrición: Elaboración de xabón a partir dos aceites usados das cociñas. Un xeito productivo e respetuoso co medio de reutilizar este residuo e evitar que contamine a auga. Pódese utilizar para lavar a vaixela e incluso a roupa. OBRADOIRO DE XOGUETES MUSICAIS PARA NENOS/AS CON ELEMENTOS DA NATUREZA Imparte: Lobera Instrumentos Musicais Prazas: 20 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 13:00 a 14:00 h Duración: 1 h. Descrición: Coñecer instrumentos musicais antergos e aprender a facelos ao xeito artesanal con elementos da natureza. Elaboraranse instrumentos sinxelos, como canabeiras, tarrañolas, chifres, zoadeiras, cantagalos, carrizos, curuxas, etc. OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO Imparte: A Cova dos Ratos Prazas: 20 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 17:30 a 19:30 h Duración: 2 h. Descrición: Reutilización de papel usado (xornais atrasados) e convertilo para un novo uso como xeito de contribuir á conservación dos nosos bosques. OBRADOIRO DE VERMICOMPOSTAXE - FABRICACIÓN DUN COMPOSTADOR URBÁN Imparte: Amigos da Terra Prazas: 15 Data e Hora: sábado 23 de setembro de 18:00 a 19:30 h Reutilización de restos orgánicos domésticos para a obtención dun abono de calidade. As persoas interesadas en participar neste obradoiro, debrán aportar o segunite material necesario para a fabricación do compostador, ou ben, abonar 10 € no stand da organización: MATERIAL: Cubo de plástico con tapa Sacabocados (ou punzón para facer buratos no cubo) Enreixado plástico par a cubrir buratos Silicona Pistola de silicona Pedriñas, grava, ramas secas para drenaxe Bolsa de rede plástica Pao para remover Vaporizador para humedecer Terra de boa calidade (carballeira, ribeira río ..) Lombrigas Restos de comida (froitas, vexetais , té, café...) Recipiente (para recoller lixiviados) OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS Imparte: Mil Hulloa Prazas: 20 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:00 a 20:00 h Duración: 2 h. Descrición: Preparación de sales de baño, con efectos terapéuticos e relaxantes a base de aceites esenciais como lavanda, xeranio, melisa, naranxo, rosa, limón, azahar,menta.... e preparación de cremas hidratantes todo a base de estratos naturais como lanolina (aceite de oliva, grasa de leite de ovella e auga, aceites vexetais, auga perfumada , aceite esencial, bórax e cera de abella. OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS PARA ADULTOS Imparte: Instrumentos Musicais Lobera Prazas: 15 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:00 a 19:00 h Duración: 1 h. Descrición: Traballos sobor da construcción de instrumentos musicais: curvado das madeiras para instrumentos tradicionais (pandeireta, tamboril...), vaciado de tronco para instrumentos de percusión africana (dyembés, darbucas...) e ensamblase dos distintos elementos que forman o instrumento (cordaxe, arillado, pelexas...). Cada participante poderá facer e levar o seu propio instrumento. OBRADOIRO DE TXALAPARTA Imparte: Fita Fik Prazas: 20 Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:30 a 19:30 h // Domingo 24 de setembro de 12:30 a 13:30 h Duración: 1 h. Descrición: Ofrecer un primeiro contacto co instrumento. Tras unha pequena explicación e demostración, as persoas participantes comezan a pasar pola txalaparta. OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA Imparte: A Cova dos Ratos Prazas: 20 Data e Hora: Domingo 24 de setembro de 12:00 a 14:00 h Duración: 2 h. Descrición: Cociña vegana (sen produtos animais) e ecolóxica, con productos biólóxicos e principalmente de producción local. Elaboración de diferentes pratos, mollos e doces con degustación final de todo o cociñado. OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AOS INSTRUMENTROS DE PERCUSIÓN Imparte: Lobera Instrumentos Musicais Prazas: 20 Data e Hora: Domingo 24 de setembro de 18:00 a 19:00 h Duración: 2 h. Descrición: Dos distintos sons que se podan obter cos instrumentos musicais expostos no stan, a xente interesada poderá participar na toma de contacto co instrumento de percusión que escolla.
|
![]() |
||||||||||||
![]() | |||||||||||||||