Presentación Seccións
Cursos e obradoiros Datos de Interese
Programación



Financia:
Deputación de A Coruña
Promove:
Concello de Arzúa
Xestiona:



 Terractiva 2006: Lume Nunca Máis!



Terractiva é un festival mediambiental que ten como obxectivo a defensa da terra, a nosa e máis a do planeta. É a festa das alternativas e calidade de vida, onde misturamos a expresión artística e cultural coa loita pola defensa da biodiversidade.

Durante dous días, o Terractiva acollerá unha extensa programación na que se conxugan actividades lúdicas e culturais, coas reivindicativas e formativas, pensadas para un público multixeracional. O festival é un convite ao encontro de produtores biolóxicos, colectivos ecoloxistas e público en xeral, co espírito de relacionarse e aprender, convertendo a vila de Arzúa en asemblea común da xente que respecte o noso entorno.

Desde que naceu Terractiva cada edición vímonos obrigados a berrar contra catástrofes que ameazan o noso país e á nai terra, Prestige, encoros e lumes son expresións do modelo capitalista imperante e da falta de equilibrio entre a humanidade e o planeta. Precisamente no seu compromiso co medio, por segundo ano, o berro de "Lumes Nunca Máis, O Monte para quen o Defenda" encabeza esta edición, que esperamos serva un chisco máis para construír un mundo onde caiban tódolos mundos.


O MONTE PARA QUEN O DEFENDA
 Despídese o Terractiva tras dous días de intensa actividade
Durante dous días, o Terractiva acolleu unha extensa programación na que se conxugaron actividades lúdicas e culturais, coas reivindicativas e formativas en defensa do medioambiente.

A feira ecolóxica Feiractiva, que reuniu no Recinto Feiral a 47 expositores, rexistrou un nivel de asistencia e ventas moi considerable, superando o do ano anterior. Na parte formativa, os obradoiros comezaron a cubrir as súas prazas dende primeira hora do sábado 23, chegando a reunir nalgún deles a máis de 40 persoas. As actividades paralelas á feira (charlas e presentacións) foron seguidas con grande interese e paraticipación.

Dende as once e media da mañá, os/as máis pequenos/as disfrutaron en todo momento dos xogos, actividades e dinámicas ofrecidas na ludoteca ecolóxica do Terractiva, así como no teatro de monicreques e contacontos. Diversión e sensibilización para uns dos auténticos protagonistas do festival, por seren o futuro e a esperanza do planeta.

A expensas de valoracións institucionais e definitivas, o público desta edición ven demostrar que o Terractiva é un festival avalado pola presenza de máis de 12.000 persoas e que ten en Arzúa a súa praza idónea.

Desde a oficina da organización queremos agradecer a implicación dos produtores e comerciantes ecolóxicos, artesáns e colectivos sociais e ecoloxistas, e o apoio que os arzuáns e os visitantes deron en todo momento facendo do Terractiva a asamblea común da xente que coida o planeta. Gracias.

EL MONTE PARA QUIEN LO DEFIENDA

Mira as fotos do Terractiva 2006




Pincha aquí se queres participar no Festival