![]() |
||||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Sección Teatral
Esta sección inclúe unha serie de espectáculos galegos de temática mediambiental que se insiren dentro de diferentes modalidades teatrais. Nesta ocasión, o teatro de monicreques e os contacontos, servirán como ferramenta de diversión para o público de Arzúa, ao mesmo tempo que de fomento e transmisión de valores ecolóxicos e de respeto e compromiso co medio e ca terra. - MONICREQUES DE KUKAS, con “Contos do Vento Acatarrado” - ANXO MOURE, Obradoiro de "Arbores Atrapadoras de Contos" - PAULA CARBALLEIRA, “Contos doutras Terras e das súas Xentes" - ANIMACIÓN TEATRAL, a cargo de José Carlos Illanes (zancos) e Roi González (monociclo)
MONICREQUES DE KUKAS, con “Contos do Vento Acatarrado”
Teatro de Monicreques Data: Domingo 24 de setembro Horario: a partir das 13:00 h É a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia, e unha das máis estables do panorama teatral galego. Nos seus 25 anos de existencia teñen producido máis de 30 montaxes teatrais, entre espectáculos de teatro de marionetas, ruadas e teatro de actor, cos que participaron habitualmente en tódolos circuítos teatrais de Galicia, e en feiras e festivais internacionais. En “Contos do Vento Acatarrado”, a través dunha estructura dramática que integra o teatro dentro do teatro, achega a tódolos públicos unha serie de contos de Marcelino de Santiago que aluden cada un deles a temas de tanta importancia para a formación do público xove como son o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e a xenerosidade persoal, ou o valor da amizade e o respecto pola igualdade dende o respecto á diferencia. ![]() ![]()
ANXO MOURE, Obradoiro de 'Arbores Atrapadoras de Contos'
Obradoiro de Contacontos Data: Sábado 23 de setembro Horario: a partir das 13:00 h Construcción de "arbores atrapadoras de contos solidarios" trasladando as lendas indíxenas de Canadá e dos seus atrapa-soños á nosa realidade forestal. Con materiais de refugallo (cartón vello, ceras de cores, fío e agulla), construimos atrapadoras de contos que penduradas atrapan contos solidarios cos que alimentar as nosas emocións.
PAULA CARBALLEIRA, “Contos doutras Terras e das súas Xentes”
Data: Domingo 24 de setembro Horario: a partir das 20:30 h Paula Carballeira adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais (Brasil, Chile, Portugal....). Participou como actriz e contadora de contos en diversos programas da TVG ( “Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”. Actualmente, en “Pepe o inglés” e “Libro de Familia”) e ten colaborado na Radio Galega (“Xamón,xamón”, “A taberna da galega”). Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil ASTEROIDE B-612 que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol. Dirixe e interpreta a actual proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá”. É autora de varios títulos de literatura infantil e xuvenil: “A percura” (Edicións do Cumio, 1990), “Robin e a Boa Xente” (EDB-Rodeira, 1993), “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (EDB-Rodeira, 1996), “Olo-iepu-iepu” (Galaxia, 1999), “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico” (Xerais, 1999), “Mateo” (Kalandraka, 1999) , “Paco” (Kalandraka, 2000), “Correo Urxente” (EDB-Rodeira, 2002), “O ganso pardo” (Edelvives, 2002) , “A era de Lázaro” (Galaxia, 2004), “Contatrás” (Edicións Positivas, 2006) e “Smara” (Kalandraka, 2006).CONTOS DOUTRAS TERRAS E DAS SÚAS XENTES A terra non é sempre a mesma. A terra ten mil cores, mil paisaxes, mil historias que contan as súas xentes. Coñecer as historias é coñecer as terras ás que pertencen, e cómpre lembralas, porque o esquecemento é das peores enfermidades, e das máis destructivas. Falemos, para comezar, de Bagdag, de Samarkanda, de Armenia, de Islandia, de China e, por suposto, de Galiza.
ANIMACIÓN TEATRAL
A cargo de José Carlos Illanes (zancos) e Roi González (monociclo). Animación itinerante e permanente polo Recinto Feiral e as Rúas de Arzúa. O teatro sae ao encontro casual coa xente. Público son tod*s *s transeúntes, *s visitantes. | ![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||||