![]() |
||||||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||||
|
![]() |
(Pinche na sección para ver o contido)
Exposicións
“O Monte é Vida, o Lume é Morte” , do Comité de Defensa do Monte Galego Fotografías sobre os incendios nos montes galegos “Exposición de Cestería Tradicional Galega”, de Lola Tourón (Cestería Viva) A través de varios paneis informativos e cun total de 20 pezas de cestería tradicional galega de madeira, brimbias e palla de centeo recollidas en difere localización, esta exposición pretende representar as técnicas e os materiais empregados en Galicia. “Prantando Libros”, da AGPI en colaboración coa Consellería de Cultura. Homenaxe á relación entre a natureza e a lectura que organizou AGPI en colaboración coa Consellería de Cultura como encargo para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 39 Obras feitas por ilustradore/as galegos serviron de inspiración para que outros 39 escritore/as creasen textos sobre elas invertindo o proceso de creación habitual no que é o ilustrador quen se inspira no texto, aquí fíxose ao revés. “COMPOSTAXE: unha alternativa para o tratamento dos residuos sólidos orgánicos” do Centro Iris - Amigos da Terra A compostaxe é unha maneira biolóxica de convertir os residuos sólidos orgánicos en abono, reproducindo o proceso natural de rexeneración do solo en forma de humus. A compostaxe é a fermentación dos residuos vexetais do xardín, da horta ou da cociña sempre en condicións de aireación e humidade. “A Enerxía”, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible "GAIM", do GAIM (Grupo de Apoio aos Indíxenas Magonistas) Carteis de diferentes actos organizados polo GAIM e polo CIPO. O Consello Indíxena Popular de Oaxaca "Ricardo Flores Magón" CIPO-RFM é unha organización indíxena, social, democrática, formada por moitos pobos, independente do estado e dos partidos políticos. Foro Social pola Defensa de Cangas, do Foro Social pola Defensa de Cangas A través de varios paneis se expón a actividade desta plataforma cidadá que loita contra as agresións urbanísticas irreversibles plantexadas polo goberno municipal sobre a vila de Cangas. | ![]() |
|||||||||||||||||||||
![]() | ||||||||||||||||||||||||