Financia:
|
Promove:
|
Xestiona:
|
|
|
 |

Fototeca TERRACTIVA 2009
|
|
Pincha AQUÍ para ver as fotos que do Festival das artes pola Biodiversidade "Terractiva" realizou o fotógrafo pontevedrés Brais Palmás.
|
|
|
TERRACTIVA FINALIZA CUN GRAN ÉXITO DE AFLUENCIA
|
|
A 6ª Feira ecolóxica de Arzúa, Terractiva, finalizou despois de recibir aos miles de visitantes que se achegaron ata o recinto feiral de Arzúa, onde máis de medio centenar de postos ofreceron os seus produtos e terapias a todos os asistentes interesados en coñecer máis de preto os produtos alternativos que se podían atopar nos stands da feira.
Os diferentes obradoiros organizados no recinto tamén contaron cunha grande afluencia. Dende cociña vegana, creación de monicreques, ou cursos de cociña solar, ata obradoiros de sales de baño ou malabares. Todos eles contaron cunha gran participación por parte do público, especialmente interesado en coñecer outras formas de consumo alternativas ás habituais.
Outra das propostas que cautivaron a nenos e maiores, foron os xogos da empresa Guixot de 8 creados a partir de materiaris inservibles, que puxeron a proba as habilidades dos participantes, mediante diferentes e creativos xogos de inxenio.
Presentacións literarias, exposicións, proxeccións de documentais e propostas musicais, completaron un fin de semana que tivo o seu peche de ouro coa representación da obra Pan: catro propostas arredor da malla, a cargo da compañía Volta e Dalle.
Arzúa convertiuse un ano máis no principal mercado verde de Galicia, reafirmándose como a maior feira ecolóxica da nosa terra, onde cultura e conciencia ecolóxica se dan a man para loitar por un maior compromiso de respeto co noso entorno.
|
CONSULTA A NOSA PROGRAMACIÓN
|
Consulta xa o programa da 6ª Feira ecolóxica de Arzúa, Terractiva pinchando AQUÍ
|
|
|
PERSOAS ADMITIDAS NOS CURSOS FORMATERRA 2009
|
Todas as persoas que fixeron a súa inscrición nos cursos Formaterra 2009 e tamén realizaron o pago correspondente están admitidas.
*A recepción dos cursos farase no recinto feiral media hora antes do seu comezo.
|
|
|
APÚNTATE XA NOS CURSOS FORMATERRA 2009
|
|
|
Se queres participar nalgún curso pincha aquí e cumplimenta o formulario
Non te esquezas de que unha das partes de máis relevancia da 6ª Feira Ecolóxica de Arzúa - TERRACTIVA é o seu apartado formativo. Damosche a oportunidade de participar en cursos do máis variado e insólito:
A.* CONCEPTOS BÁSICOS EN AGRICULTURA ECOLÓXICA
B.* AROMATERAPIA. RECUROS NATURAIS PARA AS EMOCIÓNS E O EQUILIBRIO INFANTIL
C. *CURSO DE BHANGRA / BOLLYWOOD CON KUNDALINI YOGA
D. *TÉCNICAS FÍSICAS E MEDITATIVAS
PARA COÑECER MAIS INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS FORMATERRA PINCHA AQUÍ
|
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA FEIRACTIVA 2009
|
DATAS: 17 e 18 de OUTUBRO de 2009
ESPAZO: ARZÚA (A CORUÑA)
INFORMACIÓN XERAL:
A feira medioambiental “Feiractiva” é un espazo expositivo activo e dinámico no que se amosarán, exporán e venderán produtos, ideas, proxectos, descubrimentos... Neste mercado verde queremos reunir ‘stands’ de produtos biolóxicos, produtos ecolóxicos, artesanía, bioconstrución, enerxías alternativas, centros de medicinas e terapias alternativas, colectivos sociais...
No marco desta “Feiractiva” desenvolverase, ademais, unha ampla e variada programación cultural pensada para un público multidisciplinar e interxeracional que terá como condutores o mediambiente, a ecoloxía e a biodiversidade. Esta incluirá ao longo de toda a fin de semana cursos e obradoiros formativos, concertos, actuacións teatrais, ludoteca infantil e outras actividades lúdicas, formativas e de denuncia.
INTERESADOS/AS EN PARTICIPAR:
Aquelas persoas e/ou entidades que puidesen estar interesadas en participar na “Feiractiva”, deberán seguir con atención as condicións e indicacións expostas na sección Feiractiva da web.
PINCHA AQUÍ PARA CUMPLIMENTAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN
|
|
|
|
 |