Formulario de busca

Leilía



Premio As nosas músicas 2019

Premio Cornamusa do Festival Atlántica 2019

Premio Rebulir da Cultura Galega 2016

Leilía nace no ano 89 cando seis mulleres se xuntan para recuperar do esquecemento a tradición oral galega. Ao son de pandeiretas e voces, pronto van agromando os froitos. A mediados dos noventa chega o seu louvado debut Leilía, composto exclusivamente por pezas tradicionais. O seguinte reto será achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace I é verdade i é mentira (1998), baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. No ano 2003 chega Madama, onde a fórmula se enriquece incorporando letras de temática actual.

Xa no 2005 publican Son de Leilía, un percorrido pola historia do grupo. Ás portas do 2012 sae á luz CONsentimento, un disco no que apenas tres instrumentos -guitarra, acordeón e contrabaixo- abeiran á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. Actualmente celebran su 30º aniversario con el espectáculo CantarELAS, en el que miran atrás y conectan sus orígenes con la actualidad, pasando por las diferentes sonoridades del grupo.

 



Máis artistas do catálogo

O Sonoro Maxín

+ INFO

Mundomandarina

+ INFO

Dulce Pontes

+ INFO

Aspencat

+ INFO