NOVAS
O programa de Teatro Veciñal de Ferrol chega a súa fin con catro representacións inéditas 25-05-2022
O 28 e 29 de maio e o 4 e 10 de xuño terán lugar as actuacións finais do programa Teatro Veciñal de Ferrol organizadas polo Concello e Culturactiva.
Adiada a estrea de (Algunhas) Cousas de Castelao, unha divertida peza de teatro inclusivo sobre a obra do poeta 09-05-2022
Adiada a estrea prevista para o 20 de maio preséntase en Sigüeiro por casos de covid. A seguinte representación será o 3 de xuño na Baña
Pepe Viyuela e Leo Bassi na MITEU 21-04-2022
Un ano máis chega a MITEU (Mostra Ibérica / Internacional de Teatro Universitario). Os seus escenarios encheranse de dramaturxia con artistas como Pepe Viyuela e Leo Bassi, dous dos protagonistas desta 27ª edición.
Propostas Culturactiva para o mes de maio 20-04-2022
Malia que celebremos o galego cada día, maio é sen dúbida o mes da nosa lingua. E que mellor maneira de festexalo que con música, teatro e maxia? Queres coñecer as nosas propostas para este mes de maio?
La Quinkillada comeza a súa xira de presentación o sábado 23 en Bueu 13-04-2022
La Quinkillada arranca este sábado na sala Aturuxo de Bueu unha xira de presentación que os levará pola Coruña, Ourense, Vigo, Mos e o Festival Ouren Sound Fest. Nestos primeiros concertos presentarán os temas do seu disco debut, Gozar, Sentir, Bailar.
Mercedes Peón actuará o 23 de abril en Compostela co seu espectáculo Osmose 13-04-2022
O vindeiro sábado, 23 de abril, Mercedes Peón chega ao Auditorio de Galicia co seu espectáculo Osmose, unha performance audiovisual e musical na que se acompaña das artistas Peque Varela e Laura Iturralde.
Descobre Chamada á Lúa, o videoclip que vén de lanzar Javier Otero Neira e que forma parte de Saraiba 28-03-2022
Xa está dispoñible Chamada á Lúa, o primeiro videoclip do novo disco de Javier Otero Neira, que une piano e electrónica con influenzas da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar.
Mercedes Peón presenta “Ingrávida”, a celebración do vixésimo aniversario do seu primeiro disco en solitario. 17-03-2022
Mercedes Peón regresa ao punto de partida. Máis de vinte anos despois e unha pandemia polo medio, a creadora celebra, por fin, as dúas décadas de lanzamento de ‘Isué’, un disco que marcou un fito na música galega.
O grupo internacional de cantareiras belga Ialma volta aos escenarios galegos para homenaxear a Rosalía de Castro. 17-02-2022
O grupo internacional de cantareiras belga Ialma volta aos escenarios galegos para homenaxear a Rosalía de Castro. O grupo está composto por catro cantareiras fillas da emigración nacidas en Bruxelas. Catro mulleres loitadoras e concienciadas coa esencia máis tradicional, a contemporaneidade e a fusión das culturas que conviven con naturalidade e harmonía na cidade belga.
Estreamos As Alumnas, a nova obra de Culturactiva Producións 15-02-2022
Unha obra sobre memoria histórica, igualdade e xustiza social. A estrea terá lugar o xoves 3 de marzo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Xa está aquí o catálogo Culturactiva 2022! 01-02-2022
Un ano máis en Culturactiva creamos un catálogo variado cheo de novidades, con espectáculos para todos os gustos e todas as idades. Máis de 100 propostas entre as que atoparás as mellores compañías, bandas e artistas galegas pero tamén estatais.
O Foro de Artes Inclusivas celebrarase en Ferrol os días 17 e 18 de febreiro 26-01-2022
Dende Culturactiva, co apoio do Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña, impulsamos o Foro de Artes Inclusivas, un punto de encontro para profesionais da xestión cultural e social que abogan pola normalización das programacións inclusivas. Dúas datas para visibilizar a necesidade de que a cultura, por definición, sexa inclusiva.
Guadi Galego comeza a súa xira fóra de Galicia 18-01-2022
Guadi Galego comeza o 2022 subida aos escenarios. Costuras seguirá enchendo teatros, salas e auditorios coa música da artista cedeiresa e a súa banda. Tras unha exitosa xira por Galicia, agora visitan Madrid, Mieres, Valencia, Vitoria, Bilbao e Barcelona.
- 1 de 10
- seguinte ›