Formulario de busca


Non vos enterarades, pero... non pasa nada, aínda non se escapou o tren de todo. Cookah P & Boom Boom Fighters pivotan dende o 2021 entre Girona e Mataró e en menos dun ano de traxectoria puxeron do revés o panorama festivo catalán cunha fórmula musical que se enraiza entre a tradición xamaicana e o reggae e dancehalll dos anos 80 e 90 para parir himnos. Frescos, Fresquísimos. Unha bocanada de aire (e ademáis fresco) totalmente necesaria para o panorama musical.

Boom Boom Fighters publicaron no 2021 o seu mixtape de presentación "Family Thins" e xa editaron tamén un puñado de singles con gran resposta entre a xuventude e que contan con colaboracións, entre outros, de The Tyets. A principios de 2023 chega o seu esperado debut longo, un novo puñado de riddims 100% marca da casa e solvencia musical contrastada, carácter festivo e orientación maior sumada á versatilidade e estilo xa inconfundible do vocalista de Cookah P ao fronte da fórmula. O aburrimento imperante xa é finito, benvidos por fin Boom Boom Fighters e Cookah P!

 



Máis artistas do catálogo

Pablo Muñoz

Pablo Muñoz

+ INFO
Dado

Dado

+ INFO
Las Ansiadas Producciones

Las Ansiadas Producciones

+ INFO
Yllana + Prímital Bros

Yllana + Prímital Bros

+ INFO