Tras máis dunha década de percorrido, a Fanfarria Taquikardia segue sendo un grupo único e unha verdadeira referencia da festa Galega. Para isto ofrece unha viaxe sonora polas músicas do centro e leste de Europa, máis sen perder a súa impronta galega. Mesturan o xénero balkánico, klezmer e romaní/xitano con pegadas de coñecidos temas de cine ou ate de temas tradicionais galegos, sempre nun ambiente extremo festeiro.
A banda foi mudando a súa formación ate chegar o dia de hoxe, na que destacan os seus frenéticos ritmos e orixinais melodías. Teñen participado en innumerables festivais da xeografia ibérica máis tamén a lían dabondo nas rúas!!! A súas innumerables influencias musicais fan da Taquikardia un exquisito coctel que non deixará indiferente a ninguén. Tras “Sístole Diástole”, “Café Bar-Sovia” e “Serán Romaní”, veñen de lanzar o seu novo traballo, “Dende Chandebrito a Forcarei”, que levarán tanto a pe de rúa como ós escenarios a súa rachadora música. Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co magnífico espectáculo que ofrece este peculiar conxunto. Con eles poderás saber cando comeza a festa, pero non cando remata