Formulario de busca

Lois Pérez


Lois Pérez é contrabandista de historias e narrador oral, humorista, cronista de rock and roll, poeta e dramaturgo. Comezou a contar subido a unha caixa de cervexa e ten actuado en escolas de idiomas, institutos, universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro e demais antros de perdición e desenfreo. No seu contar conflúen a tradición oral, o humor, a gargallada, os sucesos que escoitou, a narración, o rock, a alta literatura, as baixas paixóns (que ás veces son as máis altas!) e, se ten o día, ata a poesía. Coma Alberti, Lois Pérez anda confundido: non sabe se rascar o reloxo ou dárlle corda ao cú. Venceremos, pero non sabemos cando!



Máis artistas do catálogo

Imaginart

Imaginart

+ INFO
O cego na feira

O cego na feira

+ INFO
Troula

Troula

+ INFO
Neomak

Neomak

+ INFO