Formulario de busca

Saleta Fernández


Saleta Fernández

Saleta Fernández é unha actriz cunha ampla traxectoria no teatro amador que, pouco a pouco, está a se abrir camiño no circuíto profesional.

Formada principalmente e durante máis de dez anos con Fran Rei, dentro da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis, participou en diversos obradoiros e cursos monográficos de técnicas teatrais tales como improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico da man de expertas e expertos como Iván Prado, Antón Valén, Jesús Jara, Míriam Villalobos ou Anabel Gago.

Con esa ampla formación, a súa primeira incursión no circuíto teatral profesional galego chegou en 2011, ao abeiro da compañía Teatro do Astracán e da súa primeira montaxe, Ladrón e familia, dirixida por Evaristo Calvo. Posteriormente formou a súa propia compañía – Código Morsa – xunto a Alberto Torres, para dar saída ás súas inquedanzas teatrais, estreando en 2014 o seu primeiro espectáculo, Supergalácticos, dirixido por Fran Rei. Igualmente, seguiu consolidando a súa carreira participando como presentadora nas galas das Irmandades da Fala, que xiraron por Galicia en 2016, acompañada de artistas do prestixio de Caxade, o Mago Teto ou Luis Iglesia. Na súa última produción, O valo, de Pallasos en Rebeldía, Saleta Fernández confírmase como unha actriz de presente e de prometedor futuro.



Máis artistas do catálogo

Uxía e Germán Díaz

Uxía e Germán Díaz

+ INFO
Os d´Abaixo

Os d´Abaixo

+ INFO
Bambolea & Alas Circo

Bambolea & Alas Circo

+ INFO

Leti da Taberna

+ INFO