Formulario de busca


Suso Vaamonde

Sen dúbida Suso Vaamonde é unha das grandes figuras contemporáneas da música tradicional galega. É músico intérprete, compositor e mestre de instrumentos populares. A súa carreira transcorre formando parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego “Rey de Viana”, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío “Vaamonde, Lamas e Romero”, coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”, “Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero”… O seu amplo coñecemento sobre a música popular e tradicional galega xunto ás súas aptitudes como multiinstrumentista fan del un músico “todo terreo” que pode levar a cabo diferentes espectáculos e obradoiros. 

Na actualidade, a súa actividade musical en solitario desenvólvese nos seguintes espectáculos “De tradición” con Suso Vaamonde, Clásicos “á galega (con Banda de Música): “Zanfona, pedras e voz”, “A gaita galega hoxe”, “A Música dos Camiños” e “Música cativa”.



Máis artistas do catálogo

Fran Rei

Fran Rei

+ INFO
Bergamotto Clown

Bergamotto Clown

+ INFO
Judit Neddermann

Judit Neddermann

+ INFO
Mago Teto

Mago Teto

+ INFO