Tanto nos ten é un grupo de música da Galiza que emprega no seu repertorio músicas e letras propias e do saber popular, retranqueiras, de escarnio e comprometidas co país e que, xunto ós pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables, conforman o que denominamos, música tradicional furtiva coa que tratan de interactuar coa xente, e converter nunha festa cada unha das súas intervencións, tanto de rúa coma de palco.