Formulario de busca



Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero preséntannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.

A traxectoria destes músicos arredor do folclore impresiona: participaron como fundadores ou colaboradores de destacados grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Aliboria. A súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permítelles ofrecer unha sabia selección de músicas nun ameno concerto, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego a dúo, combinando con mestría 12 instrumentos melódicos e 12 instrumentos de percusión, adobiadas con explicacións sobre a súa construción, xeito de se tocar, historia e outras curiosidades.



Máis artistas do catálogo

Rebordelos

Rebordelos

+ INFO
Xurxo Fernandes

Xurxo Fernandes

+ INFO
Javier Otero Neira

Javier Otero Neira

+ INFO
Uxía & Ruibal

Uxía & Ruibal

+ INFO