ARRE RU é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza. As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto… os bebés tempéranse mellor con estes apoios.
Rilo&Penadique poñemos, ao pé da voz, o son dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos adultos, somos persoas da man doutras persoas, a linguaxe en singular non existe, primeiro apréndese en familia, a narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda. Isto é un espectáculo-obradoiro para medrar en familia.
Ler máis