Unha enfermidade de causas descoñecidas espállase polo mundo e os animais da selva buscan un culpable para calmar a cólera celestial… Convencidos de que o sacrificio dun deles reestablecerá o equilibrio e devolverá a saúde a todos, planean un xuízo no que cada animal confesará as súas culpas. Pero, como confiar na xustiza impartida só polos poderosos, pensa a Gata? De verdade que a solución a calquera conflito pasa por establecer unha fronteira entre bos e malos? Débiles e poderosos? A peza escrita por Lauro Olmo e Pilar Enciso advirte a nenos e maiores sobre os perigos dos abusos do poder, cuestiona os mecanismos da xustiza e pon o acento na necesidade de educar para a paz, nos valores democráticos como garantía para unha convivencia feliz e respectuosa entre iguais. Nesta versión actualizada, achegamos o espírito desta obra aos máis nenos, colocándoos no centro da peza e ateigando cada liña, cada escena, de xogos, de música, de brincadeiras… para garantir a reflexión e a diversión a partes iguais.