Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, dous disparates máis que persoas! Estes par de protagonistas realizará un espectáculo cheo de trampas, golpes, maxia, fracasos, éxitos, bágoas e risas... E sobre todo, moito circo!
Chosco é un espectáculo case sen fala e para todo tipo de público, que ten como resultado unha obra cómica con acrobacia, malabar e técnicas de portés e equilibrios, na que o público se unirá ao dúo de artistas na emoción e na gargallada.
Ler máis