Unha xograresa chega co seu pandeiro coma unha ilusionista de verbas e cántigas, para contar historias de lumes pequenos e grandes, de fragas e paxaros, de serpes e mulleres.
Un espectáculo de narración oral que inclúe música, cancións e escenas de titeres creados con obxectos. Unha proposta que fala de medio ambiente, de respecto pola natureza e pola convivencia.Un fermoso alegato sobre o coidado do noso entorno creado a través de tres magníficos contos seleccionados pola actriz e narradora Alba Grande.
Ler máis