Uxía (voz) e Germán Díaz (zanfona) únense para desentrañar toda a beleza da tradición musical do Camiño de Santiago. Reproducen as noites de vixilia e foliada na Catedral e os cantos aprendidos durante o Camiño que entoaban os peregrinos. Uxia e Germán Díaz transpórtannos con esta peza a unha época na que non só había cantos gregorianos, senón tamén música tradicional e festiva vinda de distintos países de Europa e que se acompañaban de liras, cítaras, arpas, violíns ou gaitas.
Ler máis