Premio Martín Códax 2017 na categoría de Músicas do Mundo
Premio Opinión da Música de Raíz 2017 ao Mellor Álbum
Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, un aparello antigo de despezamento,e descubriron un mundo de historias fascinantes. De moitas coñeceron varias versións: a oficial, a popular, a lenda ou a crenza... Axiña se decataron de que todas elas tiñan algo en común: a incerteza de non saber se eran verdadeiras ou falsas. E así foi como comezaron a interesarse polo mundo dos "fakes".
Un traballo que bebe da tradición europea de ritmos bailables. Contemporaneidade e tradición xuntas nun directo orixinal e impactante. Imposible acougar os pés e non deixar voar os sentidos con Fake.
Ler máis