As fortes raíces jazzísticas que unen a Magalí e Manel abrazan, neste traballo, un repertorio de cancións tradicionais iberoamericanas e catalás e dúas cancións propias, feitas a partir de poemas.
O título FANG I NÚVOLS (barro e nubes) define á perfección a sonoridade tan característica do dúo Magalí Sare e Manel Fortià. A súa música é crúa e espida, xa que o contrabaixo e a voz conforman os extremos dunha harmonía imaxinaria.
Ler máis