Rodar unha película nunca é tarefa fácil, e menos cando a actriz principal é unha diva insoportable, o director un perfeccionista obsesivo, o produtor un mafioso rañicas e o actor principal foi substituído polo sobriño do produtor, a pesar de non ter talento algún para a actuación.
Yllana introdúcese desta volta na disparatada rodaxe dunha película, e fai unha divertidísima sátira sobre a fama, a imaxe e a sétima arte. Cámara, acción e risas!
Ler máis