Maese Pícolo e Colombina levan toda a vida percorrendo o mundo no seu carromato. Ultimamente, con todo, non levantan cabeza porque perderon a ilusión. Os números xa non saen igual e a xente, que o que quere é divertirse, dálles menos diñeiro polas súas actuacións. Pero a ilusión reméndase co mesmo fío co que as bolboretas tecen os seus soños, e botar a voar é o único que nos salva cando todo torna escuro!
Ilusia, unha historia de amor, supervivencia e esperanza chea de humor e tenrura que mestura monicreques e personaxes de carne e oso. O público descubrirá que, ás veces, para conectarse coa vida hai que aprender a mirala con outros ollos.
Ler máis