*Mención especial do xurado no Festival de Teatro Clásico de Almagro 2020
Pedras de Cartón presenta a historia do Lazarillo de Tormes contada por primeira vez con máscaras e sen palabras. A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro infantil e xuvenil, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro. Así, Xosé Manuel Esperante, Xosé Vilarelle, Juan Rodríguez e Suso Jalda/Laura Sarasola abordan dende o escenario e baixo a dirección de Pablo Sánchez esta peza picaresca do imaxinario popular que ademais forma parte do currículo educativo nas escolas.