O Dragón de Ouro é unha obra orixinal de Roland Shimmelphenning que chega por primeira vez aos nosos escenarios despois de terse represetando en máis de 40 países ao redor de todo o mundo. Shimmelphenning ofrecénos unha dramaturxia escénica única á investigación na táboa. Aborda un tema candente no debate social contemporáneo: as migracións. Faino rachando moldes, mergullando aos espectadores e espectadoras nun universo fascinante, mudando as idades e os sexos dos personaxes dun xeito moi cinematográfico, áxil e harmónico. Sarabela Teatro vai desenvolver a un xogo escénico poliédrico onde música, palabra, imaxes, iluminación, movemento e tempo se enfían e resoan, empregando os contrastes, a retranca e o humor para explorar as ricas posibilidades que abren moitas portas a unha experiencia forte.