Premio Barriga Verde 2014 de Textos de Teatro de Monicreques Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa lúa. Era moi importante o que lle tiña que dicir, mais como a lúa estaba moi lonxe non o escoitaba, así que o lobo tiña que ouvear. Cos seus berros non deixaba durmir a ninguén: nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado. No medio do seu intento de falar coa lúa, este lobo coñeceu a Mariano, un rato falador e divertido. Axudaralle a conseguilo ou non? No Prado Azul esta noite ninguén pode durmir! O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante, onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da lúa. Unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos.