Os contos de William Shakespeare é o novo espectáculo de Pedras de cartón, despois do Premio Barroco Infantil de “Quixote”, no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro. Un espectáculo que mestura a comedia, o teatro de obxetos e a narración oral. Unha proposta de pequeño formato para ver de perto. A peza fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. De este xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas autor: “Romeo e Xulieta”contada con teatro de obxetos, “Otelo” convertindo as personaxes da obra nunhas chamativas e coloridas letras e “Hamlet”, contado en clave de comedia apartir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.