*Premio Avignon 2019
*Premio do Público da XXXVII Mostra de Teatro de Cangas 2020
Yllana e Primital Bros únense para sorprendernos cunha divertidísima comedia musical a capela que está a colleitar grande éxito de público e crítica.
Catro aborixes dun planeta que podería ser o noso reclaman o escenario, dispostos a conquistar ao público a gargalladas ou a machadazos se é preciso. The Primitals é a historia (a surrealista historia) dunha peculiar tribo coas súas loitas intestinas, os seus soños de grandeza, os seus desequilibrios mentais e os seus abusos chamánicos. Unha descarga de humor, de calidade musical e de enerxía sen límites.
Ler máis