Puro inferno
Ficha artística
Duración minutos
90min
Sinopse
Puro Inferno é o nome da nova xira da Quinkillada. Volven aos escenarios cunha formación renovada na que os metais reclaman a súa presenza nun repertorio que mestura temas do seu primeiro...
Puro Inferno é o nome da nova xira da Quinkillada. Volven aos escenarios cunha formación renovada na que os metais reclaman a súa presenza nun repertorio que mestura temas do seu primeiro disco "Gozar, sentir, bailar" (co que percorreron toda Galicia) coas cancións do seu segundo disco "Mortal Cumbia", que verán a luz neste 2024.
Logo de dous anos con máis de 70 escenarios ás súas espaldas, esta nova xira promete levarnos a todas aos torreiros e festivais do país nun baile sen fin, co descaro dunha banda que non coñece límites á hora de facer a festa. A Quinkillada son a mestura da verbena galega coa forza dun festival!