Javier Otero é un artista polifacético, e máis que nunca, experimental. De formación “clásica”, estivo sempre interesado en todo tipo de músicas. Ten editados tres traballos discográficos: (Impromptus, Galician Folk Songs y Vibrations) ademais de dous sinxelos de piano e electrónica (Intuition).
Reconstruction é o seu novo proxecto, esta vez como músico e creador deste universo musical para piano e electrónica. Todo o traballo de interpretación, produción e postproducción das músicas é do propio Javier e mesmo a publicación foi co seu selo, Landra Music.