Guadi Galego fai amencer Roibén, un disco único, diferente. Experimental. De transición, como a posta de sol cada día, que sempre abruma e sempre sorprende. Roibén é un traballo de contrastes, que retrata a luz e a escuridade. Nace das contradicións que nos conforman e nos definen. O que comezou como un xogo tras o impacto desa dobre xira que foron os seus dous últimos álbums, Inmersión e Costuras, materialízase agora en Roibén. Este novo traballo é o máis arriscado de Guadi Galego, que explora a través de cancións temas transcendentais que atravesan a todo o mundo. O disco está composto por cancións dedicadas á dor, ao amor, ás mudanzas propias e alleas, á fortuna, ao consuelo, a admiración... Este traballo está cheo de poesía, sobre todo de dous grandes da literatura galega como son Xohana Torres e Antía Otero.