Paca e Paca atópanse nos camiños dos Pirineos, directas ao exilio. Fuxindo dos bombardeos franquistas, unha combatente republicana e unha cabareteira unidas pola derrota e o amor ao teatro de Calderón de la Barca. En medio da nada, perseguidas por todo, estas dúas mulleres fortes e apaixonadas entablan un diálogo onde se mesturan as súas vidas e as súas paixóns: Segismundo e Semíramis. As persoas e os persoaxes debátense entre parlamentos de La vida es un sueño e La hija del aire, nun texto salpicado de anécdotas persoais e reais ou ficticias, onde a guerra é o telón de fondo, e a súa loita por sair adiante nun mundo violento e patriarcal, o marco. Este achegamento libre e clown, entre o pasado e o presente, as personaxes replícanse mutuamente cambiando de roupa. de xeografía e de tempo, para mostrar aos espectadores da obra de Calderón dende un discurso antibelicista e feminista, onda a risa e traxedia se dan a man, como a vida mesma. E a vida, a vida é.