O polifacético Avelino González sorpréndenos con este novidoso espectáculo de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mestura o vello co novo para falar de amor.
O amor... xa se sabe, ás veces tenro, tantas veces ridículo e, visto dende fóra, sempre divertido.
As historias que se contan son tradicionais e contemporáneas, con música (de baile, por suposto): Hai sereas (e mais outro animal que non conto agora por non matar o misterio), mouras que queren que un rapaz as desencante (cousa que si, ten dobre sentido) e dragóns que raptan mozas.
Ler máis