O espectáculo de Somdolilá ten influencias dos blocos afro do carnaval de Salvador de Bahía. Os potentes graves dos surdos combínanse coas frases vertixinosas dos repiques, que xunto coas caixas dan lugar a melodías rítmicas que non deixan indiferentes ouvidos nin corpos. Pero non só baila o público, as coreografías das percusionistas convírteno nun espectáculo impactante tamén visualmente.
O espectáculo está indicado para todo tipo de eventos deportivos, musicais, pasarrúas, espacios pechados, coma teatros ou locais, entre outros.