O Vermú Galego conserva o espírito da Verbena Galega adaptado ao formato das sesións vermú. Este espectáculo ofrece ao público tres horas de música e baile co denominador común da lingua galega e a fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. Unha explosión musical para as sesións vermú do país. O Vermú Galego é unha proposta centrada nas novas músicas que se están facendo en Galicia, con formatos moi adaptables e cunha forte pegada nas músicas populares galegas así como na adaptación de ritmos foráneos ao repertorio autóctono (ritmos latinos, mestizaxe, pachanga...) nun espectáculo que chega a todos os públicos por igual.
Ler máis