Formulario de busca



Amparanoia é o proxecto de Amparo Sánchez, unha das das pioneiras da música de fusión en España. A súa andaina comezou no 96 no barrio madrileño de Lavapiés, e abriuse co influínte álbum El poder de Machín, cheo de estilos fronteirizos e no que colaboraban Manu Chao ou Víctor Coyote. O bolero, o son, a rumba ou a ranchera fusiónanse no estilo de Amparanoia, que bucea nas raíces latinas, árabes ou flamencas para dar cor ás súas cancións. Logo de cinco discos nos que tamén é unha constante a crítica social nas súas letras, e de levar o World Music Award da BBC como mellor grupo europeo en 2005, o grupo despediuse da escena cunha xira internacional. O vixésimo aniversario do seu debut trouxo á banda de volta, e levouna a marabillar o público en concertos emblemáticos como o da Festa do Avante, onde tamén presentaba El coro de mi gente, o disco que nos devuelve a Amparanoia colaborando con xente como Calexico, Ojos de Brujo ou Macaco.



Máis artistas do catálogo

Rolabola

Rolabola

+ INFO
Gag Street Boys

Gag Street Boys

+ INFO

Momboi

+ INFO
Diana Sieira

Diana Sieira

+ INFO