Formulario de busca

Patty Diphusa


Patty Diphusa

Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty Diphusa conquista os corazóns do público porque como ela di “Aos artistas se respéctaselles, pero aos pallasos ámasenos”. Pero, quen é Patty Diphusa? É moitas cousas: monologuista, humorista, artista, arealista, malabarista, anticapitalista e curta de vista. Tamén mestra de cerimonias e, claro, pallasa.

Malala Ricoy nace en 1985 e é Licenciada en Comunicación Audiovisual. Aprendiz de moito, mestra de nada, recibe formación en clown e Artes Escénicas con profesores como Jöns Pappila, Nanny Cogorno, Pablo Pundik ou Claudia Contín. Ten estado presente en festivais como o Festival Diviertete (2º Premio 2015), o Festival Internacional de Teatro na Rúa de Getafe, o Art Street de Salou, o Myau en Albendiego, o Kontrakoriente Street Vallekas, o V Festival de artes de Rúa de Hortaleza, o Urban Talent, as Festas de San Isidro (Madrid), o Tapapiés (Madrid), o Festival Manicómicos (A Coruña) ou presentando o entroido de Arteixo, entre outros.



Máis artistas do catálogo

Mediarea

+ INFO

Lágrimas de Sangre

+ INFO
Pesdelán

Pesdelán

+ INFO
SU.MA

SU.MA

+ INFO