Roi Sixto

Dossier

Descrición

Roi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, han conquistado as prazas, os teatros e ao público galegos.

Comezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampliando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foise convertendo nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas.

Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica nas súas actuacións.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

Espectáculos

Roi Sixto

Roi, o cagabolas

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malabares, ...