Formulario de busca


Bandullo Azul é unha compañía de clown que naceu en 2012, formada polos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos e homenaxeando co seu nome ao mítico pioneiro dos monicreques galegos Barriga Verde.

Fran Campos formouse en escolas de teatro, así como en obradoiros e clases maxistrais con mestres e mestras como Leo Bassi, Claudia Contín, Anton Valén, Jos Houben… Ademáis de ser membro fundador de Bandullo Azul, leva máis de dez anos e 300 funcións co Padre Merino, un espectáculo no que se mesturan o clown, o bufon, maxia, música… Fran Ameixeiras tamén se formou con artistas de prestixio como Carlo Colombaioni, Blanca del Barrio ou Eric de Bont, participou da creación do GTO 100Tolas e percorreu os escenarios do país co seu alter ego, o pallaso Mentalini.

Como compañía, estreáronse con unha versión clown da historia de Robinson Crusoe, A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres, dirixida polo actor, cómico e director Evaristo Calvo, quen repetiu dirección no segundo espectáculo da compañía, PLAY: historia de Maestro & Pupilo, de creación propia. Bandullo Azul ten participado en varios festivais de teatro e clown tanto en Galicia como en Portugal, subíndose aos escenarios e actuando a pé de rúa.

 



Máis artistas do catálogo

Tchyminigagua

+ INFO

Caramuxo Teatro

+ INFO

Sue Moreno

+ INFO

Ebri Knight

+ INFO