Formulario de busca

Catropés



Catropés e unha compañía galega de nova creación formada por Vanessa Rivas e Ánxela Blanco. Compartiron camiño no escénico, nas viaxes e nos contos, e achéganse nesta ocasión para desenvolver o seu primeiro proxecto conxunto: Animacreques. A partir da técnica circense dos zancos
e o virtuosismo da danza xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

Ánxela Blanco (A Coruña, 1983), Premio INJUVE á creación escénica por Fume, obra que dirixe e interpreta, formouse de maneira autodidacta entre Francia e España en creación escénica e danza. Foi seleccionada para recibir diferentes bolsas como a de Formación Permanente de Clown en CNAC (Centre National de les Arts du Cirque de France), ademais de Residencias de Creación en NORMAL, Fundación Luís Seoane ou o Centro Coreográfico Galego. En dez anos de experiencia escénica formou parte de diversas iniciativas relacionadas coa educación e coa práctica comunitaria, tanto de xestión como de mediación en colectivos e asociacións (Manicómicos, Colectivo Fume, Casa Tomada, Danesga, Sarsur, Circo de Galiza-Semente Madeleine).

Vanessa Rivas (A Coruña, 1980), zanqueira, actriz, educadora social e contadora de historias, empeza a súa formación artística no ano 2002 con mestres de renome internacional e en lugares como o Estudis de Teatre de Barcelona ou La Bont´s International Clown School de Ibiza. Posúe estudos superiores de solfexo e piano e actualmente canta na agrupación vocal «O Coro da Rá». A través da súa compañía «RimaVane, Artes Escénicas/ Educación» desenvolve proxectos de carácter social mesturando as disciplinas artísticas coa súa experiencia como educadora. Desde
o ano 2004 traballa como guionista e intérprete coa Compañía Trinketrinke (que acadou varios premios de fomento da lectura a nivel estatal), facendo teatro para a animación á lectura. É membro fundadora e presidenta durante catro anos da Asociación Cultural Manicómicos.



Máis artistas do catálogo

Deolinda

+ INFO

Yacine & The Oriental Groove

+ INFO

Vânia Couto

+ INFO

Miguelillo

+ INFO