Formulario de busca

Kanbahiota



Premio Stuartini del Festival MYAU de Guadalajara, Premio Festiclown San Fernando

Kanbahiota significa reviravolta en portugués de Brasil. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento. Desde o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas, que, combinadas cos malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo. As súas obras leváronos xa por medio mundo: visitaron Palestina, Brasil, o Sáhara, Francia, Italia, Colombia, Uruguai, Portugal… impresionando coa súa mestría a todo tipo de públicos.



Máis artistas do catálogo

Circo Chosco

+ INFO

Vânia Couto

+ INFO

Dinamo Producións

+ INFO

Baobab Teatro

+ INFO