Formulario de busca



Premio Martín Códax 2017 na categoría de Reggae, ska e mestizaxe

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro daquel ano. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos, nos que compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.



Máis artistas do catálogo

Xurxo Fernandes

Xurxo Fernandes

+ INFO

Os Carunchos

+ INFO
Rudi Dudi

Rudi Dudi

+ INFO
Capicúa

Capicúa

+ INFO