Os 7 magníficos máis 1

Dous pallasos en apuros

Ficha artística

Autor e Dirección: Carlo Colombaioni - Iván Prado
Elenco: Pedro Brandariz e Fran Rei
Técnica teatral: Clown
Duración: 60 minutos
Público: infantil e familiar

Dossier

Vídeo

Descrición

Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.

“Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonistas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clásicos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espectáculos de pequeno formato que, polas súas características, poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa. As verdadeiras protagonistas desta produción clown son a loucura e improvisación que despregan sobre o escenario os seus dous protagonistas.

Desde o rompedor inicio deste espectáculo, sucédense as situacións e personaxes máis ridículos e divertidos na procura da gargallada do público. “Dous Pallasos en Apuros” propón aos nenos e ás nenas unha revisión cómica sobre situacións do mundo real co humor e a ilusión herdadas do circo clásico: as relacións de poder, o medo á clínica dental...

O espectáculo estrutúrase sobre unha sucesión ininterrompida de números e personaxes que un baúl no chan do escenario fai xurdir. Así, os nosos protagonistas empéñanse en recrear en escena unha pasaxe do universal Don Quijote de la Mancha, pero o resultado non será o que eles pretenden. De fracaso en fracaso, preséntase en escena outro dos personaxes clásicos da literatura, un Guillerme Tell con serios problemas de puntería, quen, coa axuda dun despistado axudante, representarán unha das farsas de pallaso de circo máis populares. E xa para rematar, aínda nos queda un dentista con máis ben pouca maña que retratará en clave humorística o temor á consulta dental.

Pode interesarche tamén ...

Os 7 magníficos máis 1

Mañá será outro día

Un espectáculo de carácter medioambiental en torno á redución do consumo.

Trata temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha linguaxe cotiá e coloquial para que poida chegar sen di...

Os 7 magníficos máis 1

O gordo e o calvo van ao médico

Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público.

O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medicamento, co academicismo dos doutores e das...

Os 7 magníficos máis 1

Dous pallasos en máis apuros

Logo de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.

Creado polo director e dramaturgo argen...

Os 7 magníficos máis 1

A Historia de Brancaflor

As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes, ... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír do maxín dos n...

Máis resultados