Formulario de busca



CAIR nace da fusión de catro talentos baixo a dirección de Natalia Outeiro ‘Pajarito’. Óscar Páez achega a forza das súas acrobacias e o dominio da técnica acroportor. Ariñe Azkue, que forma dúo con Páez, é unha artista de altura con grandes capacidades técnicas. Pola súa banda, Santiago Montero, referente no malabar experimental, ofrece os seus servizos como manipulador de obxectos, sempre con resultados únicos. E finalmente, o investigador de risas Jano Costas é un motor de ideas innovadoras e un experimentado profesional da comicidade.

Os catro conforman CAIR (Caídas Acrobáticas Investigación Risas). Un cuarteto formidable que investiga na acrobacia excéntrica para conseguir novas accións físicas de impacto. Malia o impresionante risco dalgunhas rutinas, CAIR consegue arrincarlle o sorriso ao público coa súa brillante execución.



Máis artistas do catálogo

Borja Ytuquepintas

+ INFO

Pupi.les

+ INFO

Muu

+ INFO

Banda Xangai

+ INFO