Formulario de busca

Circo Chosco


Circo Chosco créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois toman diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco!

Ariñe Azkue realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na Península, en Italia e máis en Arxentina. Actuou en diferentes festivais de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox… Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez realiza diferentes cursos de clown, acroportés, danza, e malabar, en diferentes lugares da Península e Arxentina. Formou parte de diferentes compañías de circo como La Banda e Zirko Oreka, ademais de actuar en diferentes festivais de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Circo Chosco crearon o seu segundo espectáculo xuntos, Forzu2, e participan en compañías como Cair e Pistacatro.



Máis artistas do catálogo

Mago Teto

+ INFO

Txarango

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO

Txarango

+ INFO