Formulario de busca

Isla Le Triska



Isla LeTriska, malia a súa ampla traxectoria de dez anos nos escenarios, conserva íntegra a ansia artística, pura e rebelde, do principiante. Desde a ilusionante escena do Novo Circo galego -en máis dunha década de carreira- Isla Letriska xamais se acomodou nunha mesma vertente artística. Flutúa, viaxa, explora. Dese xeito, é capaz de crear un espectáculo para o circuíto de salas tan exitoso como é Fermín Noite para despois regresar ás orixes co seu espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as falcatruadas agroman a cada pouco. En definitiva, garda no seu interior un universo creativo versátil, cheo de sorpresas e de ideas sorprendentes.



Máis artistas do catálogo

Os Amigos dos Músicos

+ INFO

Orquestra Os Modernos

+ INFO

Guadi Galego

+ INFO

Lois Pérez

+ INFO