Formulario de busca

Concerto Con Fusión Píscore


Ficha artística

Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Duración: 55 min
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Familiar


Próximas actuacións


Mantendo a anterior e exitosa líña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre se convirta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Ler máis


Máis espectáculos

Concerto (non tan) singular

+ INFO

Concerto singular

+ INFO

Crunch!

+ INFO

Clownbatientes

+ INFO