Formulario de busca


Ficha artística

Elenco:
Xéneros: Folk-Trad
Duración: 75 minutos
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Folk-Trad
Mercedes Peón (Dirección artística, composición, samplers, percusión formal, gaita, voces).
Mónica de Nut (sintetizador, voces, piano).
Ana García (percusión tradicional, voces).

Dossier Kit de descarga


Próximas actuacións


O último traballo de Mercedes Peón, Deixaas, é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína. Deixaas amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional. Sen abandonar a súa base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza (como os espazos industriais da área de Ferrol) e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada. Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra que conta tamén con Mónica de Nut e Ana Fernández. Deixaas sitúa a Mercedes Peón nunha exquisita madurez creativa e compositiva, e o seu directo ofrece unha experiencia artística única con tres formatos diferentes: Trío, Formato con colaboracións e Formato con colaboracións + artistas convidadxs.

Ler máis


Máis espectáculos

CantarELAS, 30 aniversario

+ INFO

E isto é o amor

+ INFO

Café Bar Sovia

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO