Formulario de busca


O TIAM Gz naceu en outubro de 2018 na comarca de Chantada cando catro amigos de sempre se xuntaron para comprar un micro e facer música. Desde os inicios, o grupo caracterízase por facer cancións variadas e diversas dentro do rap, combinando estilos que
van desde o máis clásico do xénero até ritmos do máis bailable. As letras que compoñen o Torozas, o Iagueiro e o Alessov sobre as melodías de Mr. Mati teñen un alto contido social, denunciando as desigualdades e reivindicando o uso do galego como lingua para a vida.

Cada un dos integrantes da banda está influenciado por diferentes grupos e estilos musicais, algo que se percibe non só nas propias cancións mais tamén nos directos. Grupos pioneiros de rap en galego como Dios Ke te Crew ou Rebeliom do Inframundo tiveron, sen dúbida, unha grande inflluencia así como outros grupos de rap protesta da Galiza e do Estado español como Sondarúa ou Los Chikos del Maíz, mais tamén artistas como Nikone,
Natos y Waor. En canto á produción dos seus temas, Major Lazer ou Zecca son algúns dos máis influentes para o TIAM Gz.
 



Máis artistas do catálogo

IALMA

IALMA

+ INFO
Rudi Dudi

Rudi Dudi

+ INFO
Eddy Eighties en uno de sus espectáculos, con público alrededor

Eddy Eighty

+ INFO
Bergamotto Clown

Bergamotto Clown

+ INFO